Cursos dirixidos a mulleres embarazadas

25

A seguridade das embarazadas e moi importante tanto para elas como tamén para saúde e benestar do bebé.

Cando unha muller está embarazada as circunstancias fan máis complicado e, as veces, inseguro conducir. É este da seguridade un aspecto que a muller embarazada ten que ter moi en conta porque un accidente, incluso leve, pode ter serias consecuencia tanto para ela como para o nen@ que espera.

No caso dun accidente de tráfico ou dun freado brusco, un adulto tende a ser impulsado para diante de modo que o feto pode sufrir lesións se a nai se dobra de tal forma que comprima o ventre.

O uso do cinto resulta básico para a mulleres embarazadas, na actualidade existen cintos especiais para embarazadas deseñados para que non sufra danos no caso de desprazamento brusco da nai para diante.

 

As mulleres embarazadas cánsase mais, polo que os viaxes longos hai que planificalos para descansar a miúdo e, por suposto, deixar un espazo maior entre o volante e o asento, para non estar pegados ao volante, e nunca se debe desactivar o airbag xa que reducirá o dano en caso de colisión.

As estatísticas alertan que dous de cada tres nen@s viaxan sen cumprir as normas de seguridade.

As cadeiras e o cinto de seguridade son elementos clave para protexer aos bebés nos desprazamentos. Non débenos esquecer que os nen@s e, aínda mais nos bebés, son os pasaxeiros mais vulnerables en calquera medio de trasporte, por todo elo hai que extremar as precaucións en materia de seguridade pasiva, hai que protexelos con aqueles elementos de seguridade adaptados o seu peso e talla.O obxectivo destas charlas e primordialmente instruír e formar en Educación Viaria as mulleres embarazadas, co fin de dotalas de estratexias e recursos persoais en beneficio de súa seguridade e do pequen@ que aínda non naceu.