Grupos deportivos

26

As xornadas de seguridade viaria para deportistas de equipo resulta dunha colaboración entra o concello de Pontevedra e a DXT, a elas están invitadas a participar os clubs deportivos e familiares dos deportistas.

As actividade deportivas teñen unha natureza moi específica en canto á mobilidade relacionada coa seguridade viaria, xa que se efectúan desprazamentos colectivos, transportase carga, como poden ser embarcacións, e sinistralidade en estas condicións pode verse agravada por tales circunstancias.

Nestas xornadas tratáronse temas como a necesidade de adaptar o comportamento ó mandato das normas, o alcohol, a velocidade, incidíndose especialmente nas distraccións, os sistemas de retención a disposición da carga e os desprazamentos en caravana.

O persoal sanitario disertou sobre das lesións derivadas dos accidentes de tráfico e as súas secuelas, así como das pautas de actuación ante os accidentes e os efectos de algúns medicamentos na condución.

Dita xornada inaugura un programa de educación vial para deportistas, deseñada desde a prevención especialmente para persoas vinculadas co deporte do piragüismo por ser un grupo que na época estival se despraza continuamente para adestrar e competir tanto dentro como fora da Comunidade Autónoma co risco engadido das particularidades da carga transportada.

O programa conta co apoio da Federación Galega de Piragüismo e os clubs de Piragüismo de Pontevedra.