Programa de sensibilización e reeducación viara para realizar tarefas

45

SOCIO-EDUCATIVAS EN BENEFICIO DA COMUNICADE DIRIXIADO A MENORES PROCESADOS POR DELITOS CONTRA A SEGURIDADE DO TRÁFICO.

No ano 2009 o Concello de Pontevedra e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia asinaron un convenio en virtude do cal o Concello de Pontevedra, a través da Policía local impartiría dous cursos anuais de 10 horas de duración cada un dirixido a moz@s infractores da normativa penal contra a seguridade viaria, maiores de 14 anos e menores de 18 anos, que se comprometerán a realizar unha actividade socio educativa, durante a instrución dun expediente incoado contra eles pola Fiscalía de menores pola comisión dos delitos antes mencionados e imprudencias punibles, na que o menor debe levar a cabo actividades especificas en beneficio da comunidade, con contidos educativ@s que faciliten a súa reinserción social.

Os menores que superen este curso non serán acusados ante o xulgado de menores pola fiscalía, solicitando este órgano o sobresemento do expediente que rematará sen condena.

 

Esta vía de afrontar a delincuencia viaria entre os menores, loxicamente, está establecida para casos leves e trata de abordar o problema da delincuencia viaria entre menores pola vía da educación, tentando chegar a eles por medio da concienciación en materia de seguridade viaria para evitar futuros comportamentos perigosos. Trátase, polo tanto, de dar unha segunda oportunidade a aqueles que toman contacto a idades novas coa maquinaria da xustiza penal a fin de evadir, en primeira instancia e por unha soa vez, os seus efectos e facerlles ver ós participantes as posibles consecuencias persoais, sociais e xurídicas, como vía de concienciación e coa finalidade de que no futuro, por convencemento propio, non repitan condutas nocivas que non benefician a ninguén.

O equipo que realiza esta tarefa educativa está formado polo oficial encargado do grupo de educación viaria da Policía local de Pontevedra, xunto con dous membros, na última edición, do Colexio de Psicólogos de Galiza e o Presidente da Asociación Amizade

1.- Obxectivos:

· Formar os menores en materia de seguridade viaria.

· Previr os accidentes de tráfico.

· Dar a coñecer situacións de risco .

· Concienciar os menores na necesidade de utilizar elementos de

seguridade.

· Acercar os menores actitudes cívicas e de convivencia.

· Fomentar o respecto e a solidariedade.

· Dar a coñecer as consecuencias dos actos irresponsables.

 

2.- Contidos

· Consecuencia penais e sociais da comisión de delitos.

· Aptitudes e capacidades básicas para unha condución segura.

· Actitudes socialmente correctas.

Antes de que o menor comeza o programa de sensibilización e reeducación, na primeira sesión e como actividade inicial, participa nun dialogo aberto, sobre os feitos e circunstancias dos delitos contra a seguridade viaria.

1º Sesión .

1.- Accidentes de tráfico.

-Causas, fases, e clases.

-Velocidade, climatoloxía, distraccións, móbil, fatiga.

-Seguridade activa, seguridade pasiva

2.- Forma de actuacións en accidentes

3.- Información a cerca da documentación do vehículo e o condutor.

-Seguro obrigatorio.

-Permisos de condución e circulación.

4.- Infraccións e retirada de puntos.

5.- Regulamento xeral de condutores, de circulación, procedemento sancionador, LSV, Lei de responsabilidade civil.

2º Sesión

1.- Delitos contra a seguridade viaria, delito e falta e persoas responsable criminalmente.

2.- Estadísticas de accidentes

3.- A reincidencia do delito, consecuencias.

4.- Rescate en accidentes de tráfico

-Actuación en accidentes.

-Delito de omisión.

5.- Proxección de vídeos, fotografías de accidentes graves, atropelos concienciación.

5.- Avaliación

A superación da avaliación é requisito “sine quae non” para que a fiscalía solicite o sobresemento do expediente, polo tanto a avaliación ten unha grande importancia neste proceso.

Os aspectos avaliables da actividade a realizar polos menores son os que se detallan a continuación

– Asistencia e puntualidade.

– Actitude do menor.

– Responsabilidade na execución das tarefas.

– Colaboración.

– Respecto aos demais participantes e aos axentes.

– Nivel de implicación.

– Reflexión persoal.

6.- Curso: cada curso foi de 2 sesións cunha duración de cinco horas cada unha delas, as sesións serán en quendas de maña de 9:00 a 14:00 horas,os sábados facendo descansos de 15 minutos cada hora e media impartida.

7.- Listaxe de asistencia– ao comezo e ao final das sesión realizouse unha listaxe para levar control da asistencia, non se aceptaron xustificacións de ausencia as sesións, tendo que repetir toda a xornada si se produce algunha ausencia.

8.- Certificación das xornadas– ao remate das xornadas certificouse o cumprimento do programa de sensibilización e reeducación a aqueles alumnos que superen a avaliación.

9.- Comportamento– aqueles asistentes que non acepten as normas ou prexudiquen o bo funcionamento das sesións, poderán ser expulsados do programa e perderan a posibilidade de acadar o certificado.

10.- Programación- Foi desenvolvida cos contidos e sesións que se citaron.

 

Colaboración con un centro onde cumpren medidas reformadoras menores condenados pola comisión de diferentes delitos.

1.- Charla dirixida aos moz@s que na actualidade cumpren medidas reformadoras en réxime aberto, na súa gran maioría: liberdades vixiadas, asistencia a Centro de dia, prestacións en beneficio á comunidade, tarefas socio educativas, tratamentos ambulatorios, … Os menores son da cidade de Pontevedra e de outras localidades da parte norte da provincia.

O presente programa foi dirixido a moz@s menores, para realizar tarefas socio-educativas na que o menor leve a cabo actividades especificas en beneficio da comunidade por delitos contra a seguridade viaria, con contidos educativ@s que faciliten a súa reinserción social.

O programa constou de dúas sesións, cun total de oito alumnos.

As razóns que motivan a asistencia dos menores a este programa de sensibilización e reeducación son: a función educativa Penal do Menor, por comisión de delitos contra a seguridade viaria, para acadar o cumprimento da pena.