AUGAL: proxección do documental ‘Tralas luces’, de Sandra Sánchez, na Facultade de Ciencias Sociais

37

Primeira sesión de Master class AUGAL 2011- 2012

Hora: de 16.00h a 20.00h
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, acolle a segunda edición de Master class Audiovisual Galego, AUGAL, coa proxección do documental Tralas Luces, presentado pola súa directora Sandra Sánchez e pola súa produtora Fernanda Del Nido.

AUGAL 2011-2012 é un programa organizado pola Universidade en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia para que varios directores galegos acompañados de produtores, guionistas e músicos, presenten as súas películas en sesións de catro horas a toda a comunidade pontevedresa.