Domingos do Principal: ‘Zoo’, de Yllana, no Pazo da Cultura

33

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa de Alexandre Bóveda s/n).

Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.

Prezo da entrada: 4 €.

Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Pazo da Cultura desde 2 horas antes do comezo da actividade.

No mais profundo do mato, uns intrépidos e tolos exploradores tratarán de capturar un animal exótico en vías de extinción para o Zoo da cidade.
A misión é máis complicada do que parecía en principio.
Aves, mamíferos,réptiles e insectos farán o posibel para que non teña éxito a súa misión.
Yllana volve facer un espectáculo aplicando a súa visión cómica do mundo.

Espectáculo de humor xestual.

Recomendado a partir de 8 anos
Duración: 75 minutos

Premio MAX 21010 ao Mellor Espectáculo Infantil
Premio do público  Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Premio do público Festival de Teatro de Chiclana , Cadiz, 2010


www.yllana.com