Baobab Teatro

56

Baobab Teatro é unha compañía que aposta polo teatro infantil de calidade. Nos seus espectáculos traballan un teatro de emocións cargado de sentimentos e boas historias, unha maneira de facer que non deixará indiferente a ninguén.

Andrea Bayer e Óscar Ferreira forman unha compañía na que se xuntan ideas e proxectos con experiencias moi consolidadas. É unha aposta innovadora polo teatro e o público infantil. O máis esixente do mundo!