Coro Ultreia

59

 

Ultreia é unha agrupación que recolle a herdanza do coro de canto gregoriano do mesmo nome, formado por voces mixtas provintes do ámbito da tradición coral pontevedresa. Están especializados na interpretación da música vocal medieval e renacentistas, contanto coa colaboración de instrumentistas de formacións afíns. 
Ao longo dun cuarto de século, este coro ofreceu innumerables concertos por toda a xeografía española e europea, e ten tamén traballos musicais no mercado, entre eles o álbum Iacobus, unha gravación íntegra da música do Códex Calixtinus.