O alumnado de Infantil do colexio das Doroteas ofrece ao alcalde accidental o tradicional concerto de panxoliñas

79

Un grupo composto por 220 pequenos/as do colexio das Doroteas achegouse ao Concello para ofrecerlle ao alcalde accidental, Antón Louro Goyanes, o tradicional concerto de panxoliñas do Nadal.

Os rapaces, vestidos de pastorciños, chegaron acompañados dos seus pais e un grupo de profesores. A actuación foi desprazada este ano ao Teatro Principal por mor da insuficiencia de espazo na actual sede municipal, na rúa de Michelena e á espera de que se acometan as obras de reforma na Casa do Concello.

O cambio foi moi ben recibido polos pais e representantes do colexio, que gozaron ao máximo da breve actuación dende o escenario do Teatro Principal. Antón Louro aproveitou para desexar un bo Nadal a todos os presentes e fixo entrega dun agasallo aos pequenos/as cantores/as en forma dunhas bolsas de lambetadas.