Volve Nadal Ocio no Recinto Feiral

79

A Concellaría de Cultura volverá a habilitar o Recinto Feiral para organizar Nadal Ocio entre o 23 de decembro e o 8 de xaneiro. O único día que permanecerá pechado será o 5 de xaneiro.


O parque inclúe gardería, inchábeis, aparatos mecánicos, tirolina, jumper, cicuíto de bicis, e de karts no exterior. Como en anos anteriores, tamén se instalará unha pista de xeo.


Os días 3 e 4 de xaneiro haberá animación a cargo do grupo Troula que acompañará ao carteiro real que recollerá as cartas que os nenos queiran enviar aos Reis Magos de Oriente coas súas peticións para o día 6 de xaneiro.


O parque estará aberto todos os días (agás o 5 de xaneiro) de 16.30 horas a 21.00 horas. O prezo é de 3 euros (1 euro para a entrada e 2 para o parque de ocio).


O horario da pista de xeo será de 16.30 a 23.00 horas e o prezo será de 6 euros (1 euro para a entrada e 5 para a pista de xeo). 


Os horarios dos días 24 de decembro e 31 de decembro será de 12.00 a 19.00 horas.


Tamén cabe a posibilidade de facer reservas para grupos no número de teléfono:
653 921 475