Parques e Xardíns recupera o pombal das Palmeiras

76

A Concellaría de Parques e Xardíns, que dirixe Anxos Riveiro, acaba de acondicionar o pombal das Palmeras, situado próximo á avenida Raíña Vitoria, dado que estaba en desuso nos últimos anos, o que deribou nun deterioro da edificación. Esta reforma está incluída dentro dos permanentes traballos de mantemento e acondicionamento deste principal parque urbano.

Os traballos consistiron na reparación interior e exterior da construción. Por fora pintouse e repuxéronse pequenos elementos que estaban deteriorados, e no seu interior fíxose un traballo de limpeza e desinfección, especialmente da parte alta do pombal.

A construción será empregada pola brigada de Parques e Xardíns para diferentes tarefas relacionadas co mantemento do parque. Cabe lembrar que os xardineiros municipais están a traballar diariamente nas Palmeiras e tamén na Alameda para mantelos en perfecto estado de uso para os centos de persoas que empregan estes principais parques urbanos durante o día.

Mellora do mobiliario urbano, novas plantacións, podas… son algúns dos traballos cotiáns nas Palmeiras e na Alameda. De feito, estase a traballar nestes momentos no tratamento das zonas máis sombrías con plantas específicas para estes espazos.