Nadal Ocio abre as súas portas no Recinto Feiral

57

Continúa “Lecer no Nadal”, a programación da Concellaría de Cultura para estas festas.

Na Barraca de barriga verde instalada na Ferraría ata o domingo a programación é a seguinte:


• Día 23. Ás 12.00, 17.00 e ás 19.00 horas. O galo Quirico e os seus amigos, monicreques e música.
• Día 24. Ás 12.00, 17.00 e ás 19.00 horas. Varietés. Monicreques de fío.
• Día 25. Ás 11.30, 13.00, 17.00 e ás 19.00 horas. Cando chove e raia o sol… monicreques de fío.

Hoxe, 23 de decembro:

• Ás 10.00 horas. Centro Cultural de Monte Porreiro. Maxireciclaxe por Pedro Volta.
• Ás 11.30 horas. Rúas e prazas do centro histórico. Papá Noel e os seus acompañantes.
• Ás 16.30 horas. Recinto Feiral. Apertura de Nadal Ocio. Aberto ata o 8 de xaneiro (pechado o 5 de xaneiro). O parque inclúe gardería, inchábeis, aparatos mecánicos, tirolina, jumper, cicuíto de bicis, e de karts no exterior. Como en anos anteriores, tamén se instalará unha pista de xeo.
• Ás 17.00 horas. Centro Cultural de Santa María de Xeve. Maxireciclaxe Pedro Volta.
• Ás 20.30 horas. Teatro Principal. Concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo.

Sábado, 24 de decembro:

• Ás 16.00 horas. Centro Cultural de Ponte Sampaio. Contacontos ilustrados. Xelo o carteiro xurelo.