Parabéns ao Presidente do Goberno

83

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores enviou esta mañá sendas cartas de parabéns ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e á ministra de Fomento Ana Pastor. Foi un dos primeiros despachos desta mañá por parte do alcalde, que hoxe mesmo se incorporou á Alcaldía logo duns días de descanso.

As cartas foron enviadas por fax e por correo postal, co seguinte texto:

Mariano Rajoy Brey
Presidente do Goberno 
Palacio de la Moncloa
Madrid 

Pontevedra, 23 de decembro de 2011 

Excmo. Sr., 

Cómpreme transmitirlle, como alcalde de Pontevedra, os meus parabéns pola súa recente elección como Presidente do Goberno. 

Aproveito a ocasión para convidalo a visitar oficialmente o Concello e a intercambiar puntos de vista sobre o futuro da cidade. 

Reciba un atento saúdo. 

Miguel Anxo Fernández Lores 

 

Ana Pastor Julián
Ministra de Fomento
Madrid 

Pontevedra, 23 de decembro de 2011 

Prezada Ana, 

Cómpreme transmitirche, como alcalde de Pontevedra, os meus parabéns pola túa recente designación como Ministra de Fomento do Goberno de España. 

Aproveito a ocasión para convidarche a visitar oficialmente o Concello cando che sexa posíbel e abordar conxuntamente as futuras realizacións que precisa a cidade en materia de infraestruturas. 

Recibe un atento saúdo 

Miguel Anxo Fernández lores.