Segundo centenario do pasamento do Pai Hermexildo Amoedo Carballo

61


O Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación cultural Maio Longo organiza este mércores, 28 de decembro un acto en recordo do segundo centenario do pasamento de Hermexildo Amoedo Carballo (1811-2011) no que intervirán Xosé Ramón Couto, autor da tradución ao galego do Carmen patrio sive Pontevedra, e tamén de Xosé Abilleira Sanmartín, presidente da Asociación cultural Maio Longo.

O acto celebrarase ás 20.00 horas no  Pazo de Murgartegui.

O pai Hermexildo Amoedo Carballo naceu o 10 de abril de 1747 e finou tal día como o de mañá de hai douscentos anos, o 24 de decembro de 1811. Nado en Pontevedra, estudou na Compañía de Xesús da mesma cidade, onde profesou anos máis tarde.

Entre as súas obras atópase Carmen patrio sive Pontevedra (1787), que posteriormente foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos, na súa obra A Gaita Galega.

No ano 1950, a Corporación Municipal acordou darlle o seu nome a unha rúa no centro urbano, situada a continuación de Cobián Roffignac.