Inícianse as expropiacións para a futura sede xudicial

81

 

Esta semana bota a andar o procedemento de expropiación dos terreos necesarios para a construción do futuro edificio xudicial da Parda, co que a Xunta xa non poderá dilatar por máis tempo a construción desta infraestrutura pública tan necesaria para desconxestionar a administración xudicial da capital.

Este predio, situado entre as rúas Tomás y Valiente e Conde Bugallal, é parte da Unidade 24 do PXOU pontevedrés, polo que o Concello tivo que realizar un PERI específico para iniciar a expropiación, que suporá para o municipio investir 1,4 millóns de euros en obter a propiedade. 

Nesa zona, tamén se expropiou o terreo necesario para construir o acceso desde A Parda á nova ponte sobre o Eixo Atlántico ferroviario, que xa funciona con éxito como un novo vial de penetración na cidade.

Ver documento PDF