A escola unitaria de Lusquiños, para uso veciñal

87

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a desafectación da Escola Unitaria de Lusquiños, na parroquia de Tomeza que será usada por diversos colectivos veciñais da parroquia. O portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo lembrou esta mañá que os nenos de Tomeza foron escolarizados na parroquia de Marcón, e as instalacións da escola unitaria xa foron desafectadas e pasará a ser utilizada polos veciños da parroquia para distintos usos veciñais.