Operativo especial de limpeza para Cabalgata de Reis

81

A Concellaría de Servizos centra esta semana o zafarrancho de limpeza nun operativo especial de limpeza e recollida vinculado á Cabalgata de Reis.

O operativo de limpeza desenvolverase durante toda a xornada do xoves. Comezará ás 10.00 horas da mañá, e seguirá os pasos da comitiva real ata o pazo de Mugartegui. Ademais, durante a mañá, tamén fará un repaso das rúas que percorrerá a Cabalgata: Doce de Novembro, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena e praza de España.

Pola tarde, o operativo especial de limpeza situarase inmediatamente despois da Comitiva Real, de tal xeito que se irá recollendo e limpando as rúas conforme vaia avanzado a Cabalgata, e co propósito de que a Policía Local poida abrir as rúas ao tráfico o antes posible.

No operativo de limpeza participarán:
• 12 operarios; 6 peóns especialistas; 3 peóns; 1 conductor; 1 encargado; 1 xefe de servizo
• 4 barredoira; 2 sopladoras; 1 furgón mixto; 1 camión de carga traseira.