Pontevedra rexistra en 2011 os datos de siniestralidade máis baixos dos últimos seis anos

64

Até o ano 2010 o Concello de Pontevedra tivo unha evolución moi positiva dos indicadores de sinistralidade viaria con diminucións continuas cada ano, tal como se recolleu nas sucesivas memorias da Policía Local e foi recoñecido pola Dirección Xeral de Tráfico do Estado, e polo Observatorio de Seguranza Viaria. Así o deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, nun primeiro balance rápido dos datos de 2011.

Durante o ano 2011, aparte de seguir en vigor as mesmas medidas de exercicios anteriores, a novidade máis relevante foi a posta en vigor da limitación da velocidade a un máximo de 30 km/h en toda a zona urbana.

Este indicador será complementado no futuro pola tradicional memoria completa, detallada e con datos definitivo da Policía Local de Pontevedra.

Os datos de sinistralidade urbana aínda non están publicados, nen os parciais de cada cidade nen os xerais da DXT. Os datos coñecidos da DXT limítanse as estradas, polo que é aínda non se poden facer moitas comparacións relevantes.

Datos comparativos 2010 – 2011 en Pontevedra

  • Vitimas totais 173 (2010) – 135 (2011)   -22%
  • Feridos leves 155 (3010) – 123 (2011)   -21%
  • Feridos graves 18 (2010) – 11 (2011)     -39%
  • Mortos               0 (2010)  – 1
  • Feridos graves+mortos 18 (2010) – 12 (2011)  -33%

Foron as maiores reduccións tanto en términos absolutos como en relativos de sinistralidade en Pontevedra nos últimos 6 anos.

Para comparar coas estadísticas da DXT en estrada no 2011 , o único índice que se pode comparar sería a de feridos graves.

  • Diminución 2010/11 de feridos graves en estrada (-9,8%)
  • Diminución 201/11 de feridos graves Pontevedra  (-3,9%)
  • Diminución 2010/11 de feridos graves + mortos en estrada (-11%)
  • Diminución 2010/11 de feridos graves + mortos Pontevedra (-33%)

Conclusión

A extensión da velocidade máxima 30 km/h a toda a zona urbana tivo un efecto moi positivo sobre a sinistralidade, tanto no número de accidentes como na gravidade e lesividade destes.

Pontevedra, que xa tiña os mellores índices en relación as demais cidades, segue a mellorar de xeito acentuado estes indicadores.

Con todas as reduccións habidas, segue a existir perigo de morte ou lesións graves na circulación. Haberá que seguir traballando para reducir aínda máis estas cifras no obxectivo de facer a circulación cada vez máis segura e exenta de perigos.

Dim