Cogami xestionará seis quioscos na cidade

76

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación directa da xestión de seis quioscos situados en distintas rúas e prazas da cidade: Rosalía de Castro, praza de Galicia, avenida de Vigo, praza do Mestre, praia fluvial e a praza de Barcelos.

Trátase dunha adxudicación á asociación Cogami por un período de 5 anos coa posibilidade de ir incrementando a prórroga ano a ano ata un total de dez anos. A adxudicación fíxose pola súa finalidade social, por dar postos de traballo a persoas con discapacidade e co compromiso de manter estes espazos (algúns deles xa estaban xestionados por Cogami, agás o da praza do Mestre e o de Barcelos).