Concerto Disney da Banda de Música de Pontevedra

22

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa Paio Gómez Chariño s/n).
Hora: 19:30 horas.
Prezo da entrada: 3 €.
Venda anticipada de entradas en www.servinova.com e no despacho de billetes do Teatro Principal desde 1 hora antes do comezo da actividade.
 

Concerto para todos os públicos que terá como protagonistas aos máis cativos, xa que gozarán das cancións de Disney, que lles resultarán facilmente recoñecibles. Para iso a Banda de música de Pontevedra contará coa colaboración de Marina Penas, que pon voz ás coñecidas melodías. Programa: Fantasía (Jonny E. Vinson) Circle of life – Rey León A Disney spectacular Hook Aladín Os Incríbles Titanic Os picapedra Director Titular: Juan Lois Diéguez Solista: Marina Penas, soprano