Conta atrás para aprobación dos orzamentos, a semana próxima

83

A conta atrás para a aprobación dos orzamentos municipais de 2012 botou a andar hoxe nunha xunta de voceiros na que os representantes políticos decidiron celebrar unha Comisión de Economía e Facenda o vindeiro luns, día 23; unha nova Comisión de debate sobre os orzamentos ao día seguinte e unha nova Comisión o venres, para a aceptación ou non das alegacións que puidese prantexar a oposición. Toda esta actividade previa desembocará no Pleno Ordinario de aprobación das contas, que tería lugar o seguinte martes.

Así o anunciou o alcalde despois da Xunta de portavoces. Tamén precisou que os equipos redactores do Orzamento tiveron que facer auténticos "encaixes de bolillos" para suplir as distintas restricións orzamentarias que viñeron impostas desde Santiago e Madrid, e que estaban pensadas máis para entidades con problemas financieiros máis profundos que os de Pontevedra, donde o endebedamento é escaso.