Médicos de toda España cítanse en xuño en Pontevedra para competir en ciclismo

76

Os organizadores do IV Campionato Oficial de España de Ciclismo para médicos presentaron hoxe ao alcalde a vindeira edición desta proba deportiva, que decorrerá entre Marín e Pontevedra a mediados de xuño, en data aínda por concretar definitivamente.

Trátase dunha convocatoria á que acostuman a acodir uns 70 deportistas, case todos acompañados doutras persoas, o que move arredor de 150 cidadáns que estarán na cidade toda a fin de semana.

A proba consta de duas carreiras. Unha contrarreloxio entre Aguete e o centro de Marín, e outra en competición entre Marín, Pontevedra, Poio e Sanxenxo, con regreso á capital, donde rematará na praza de España, se ben os circuítos aínda están concretándose coas autoridades de tráfico do Estado e municipais.

A organización corre a cargo do Colexio Oficial de Médicos e o alcalde anuncioulles todas as facilidades que a cidade poida prestar a esta competición deportiva.