As obras do AVE cumpren os prazos

69

O Concello de Pontevedra considera moi boa noticia que o Ministerio de Fomento dera a orde de axilizar as obras do Tren de Alta Velocidade do Eixo Atlántico para que todo o trazado estea rematado ao longo do ano 2013. "É unha moi boa noticia", explicou o concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera quen temía que se paralizaran estes traballos que a día de hoxe estanse a facer no corazón da cidade.

De feito, segundo a información que dende Fomento se transmitiu ao Concello, existe o interese de iniciar -"canto antes, se pode ser en febreiro que non sexa en marzo"- a construción da cuberta da Seca, na que xa están traballando no replantexamento da obra. O túnel de Lérez está practicamente rematado e só quedan poñer as vías; as obras de Loureiro Crespo son as que van un pouco máis retrasadas pero poderán estar listas dúas ou tres semanas despois da data anunciada pola empresa que executa a obra; e Médico Ballina poderá estar aberto no prazo de dous meses.

"Estas previsións deixannos tranquilos", concluíu o concelleiro de Infraestruturas.