O Concello e a Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta reúnense hoxe en Santiago para estudar o novo PXOM

84

O Concello de Pontevedra iniciará hoxe a negociación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) coa Secretaría Xeral de Urbanismo, da Xunta de Galicia. Esta mañá, ás 10.00 horas os técnicos municipais e membros do equipo redactor do PXOM manteñen unha reunión en Santiago para abordar o novo Plan.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou onte que os puntos substanciais do novo PXOM son elevar a súa vixencia até 24 anos e incrementar a edificabilidade en 30.000 vivendas. "Agardo que cunda o sentido común dado que Pontevedra necesita que se amplíe o que existe no actual PXOU, porque para manter ou recortar o que xa temos, non fai falta aprobar un novo plan", explicou o concelleiro quen lembrou que todos os grupos municipais do Concello están de acordo do enviado á Xunta de Galicia.