Inícianse traballos de sinalización viaria para mellorar a seguridade e a mobilidade nas estradas do concello

83

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe por Mourente o pintado da sinalización viaria horizontal de diversas rúas e estradas do municipo para reforzar as medidas de seguidade viaria e mellorar a mobilidade en todo o municipio, tal e como anunciou esta mañá o concelleiro responsable da área urbana da cidade, Luís Bará. A maior parte destes traballos non afectan ao tráfico, e aqueles que poidan afectar faranse de noite tal e como acordou a empresa API, adxudicataria do contrato de sinalización da rede viaria municipal, coa Policía Local.

Os traballos comezaron hoxe mesmo pola rúa de Vilaverde no contorno do colexio para reforzar as reformas de seguranza viaria e accesibilidade que se fixeron nestas semanas. Sinalouse en amarelo as zonas de prohibición do estacionamento, a parada de autobús e os pasos de peóns. Tamén se sinalizou o entronque de rúa Vilaverde e da rúa de Montecelo co  pintado dos carris de circulación na zona onde se ampliou a beirrúa e se mellorou a visibilidade, a seguridade e a accesibilidade 

A sinalización farase de seguido por outros puntos do municipio entre os que xa está programado:
• Pedra do Lagarto desde rúa das Pereiras ata Marcón (estrada Pino-Bora), onde previamente se fixo unha limpeza e se acondicionaron as beiravías. 
• Vial de acceso a Areás desde a UNED. Nesta estrada faise o pintado de liña amarela de probibición de estacionamento e sinalización horizontal de prohibición de estacionamento. Trátase dun punto conflictivo porque é habitual que estacionen vehículos que chegan a impedir o paso do autobus da liña de Monte Porreiro. 
• Avenida de Bos Aires á altura de Tafisa, en sentido Monte Porreiro. Despois da ponte dos Tirantes vaise pintar a zona do antigo acceso a Tafisa (sinalización amarela cruzada) xa que hai sempre coches estacionados e dificultan o paso de peóns. 
• Domingo Fontan: Pintado de paso de peóns á altura da imprenta da deputación que permitirá a conexión do paseo peonil e de bicis de Domingo Fontán coa Xunqueira da Gándara. Este traballo execútase logo de estudar a viabilidade da petición que fixo o colectivo de ciclistas e das persoas que pasean por esta zona. 
• Tamén se pintarán distintos puntos de viais municipais na parroquia de Lérez.