Mostra da Parodia

17

No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos disfraces como das parodias que se representen.

Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.

A inscrición para participar nesta mostra remata o martes 21 de febreiro, ás 13.00 horas, no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar).

Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 23.00 horas do venres 24 de febreiro, no lugar previamente asignado.

Ás parodias sobre camións – góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou praza de España.

A entrega dos premios celebrarase ás 02.00 horas na praza da Ferraría.

PREMIOS XVII MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO

1º Premio 1.300 € + Ravachol 2012

2º Premio 1.000 €

2º Premio 1.000 €

3º Premio 700 €

3º Premio 700 €

3º Premio 700 €