A avenida Médico Ballina abre este mércores

91

A Policía Local de Pontevedra abrirá ao tráfico a rúa Médico Ballina este mércores, 1 de febreiro, tal e como anunciou a pasada semana o concelleiro de Mobilidade, Luís Bará.

A apertura está prevista para o longo da mañá, pero pódese retrasar ata a tarde do mércores, en función do ritmo dos remates da obra.

Luís Bará xa explicou que esta apertura supón un importante avance na mobilidade desta zona da cidade, ademais de acabar cos perxuizos que causou a todos os condutores das parroquias de Lérez, Xeve e Alba, e especialmente, a todos os veciños de Médico Ballina, que durante meses tiveron que convivir cos problemas que supuxo o peche, incluso, as obras.

Ademais, a Policía Local tamén confirmou coa empresa que executa os traballos do tren do Eixo Atlántico, que a pasarela peonil José Adrio Barreiro tamén se abrirá ao tráfico peonil a partir do venres, 3 de febreiro.