Zafarrancho de limpeza no barrio de San Roque

70

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia esta semana un zafarrancho de limpeza por distintas rúas da cidade: Almirante Mato, Monteleón, Pedro Mariño de Lobeira e Fonte do Corvo.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocáronse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona dende onte, aínda que a prohibición non será efectiva ata hoxe pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.