Pedra do Lagarto, a primeira vía do rural sinalizada a 30km/h

185

O Concello de Pontevedra realizou nestes días o pintado da sinalización viaria horizontal e tamén da instalación da sinalización vertical na rúa Pedra do Lagarto, dende a rúa das Pereiras ata Marcón. É unha rúa moi transitada e empregada polos veciños de todo este ámbito para achegarse ata o centro urbano.

É a primeira rúa do rural que estará sinalizada coa velocidade máxima 30km/h confirmando o espíritu da modificación da ordenanza de circulación do Concello de Pontevedra que está en trámite de aprobación e conta co respaldo de todos os grupos municipais.

Nesta modificación se plantexa unha velocidade máxima de 30 km/h nas vías e pistas municipais con plataforma única (sen beirarrúas), como é no caso da rúa Pedra do Lagarto que é un viario moi estreito. A primeira medida será a colocación de sinalización horizontal e vertical, e no futura estudiarase a instalación de medidas reductoras da velocidade.

O Concello acordou limitar a 30km/h esta rúa dado que nestes días comezou unha campaña de sinalización horizontal e vertical de distintas rúas e vías do concello. Xa se fixo no lugar de Vilaverde en Mourente e continúa por outras zonas como nos Areás, na avenida de Bos Aires á altura de Tafisa, Domingo Fontán, entre outras.