O alcalde pedirá medidas de seguridade viaria na nova estrada de Lérez

71

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos veciños de Lérez para abordar a situación da estrada que conectará a ponte de Monte Porreiro coa N-550 á altura da rotonda de Médico Ballina. Os veciños demandaron medidas de seguridade no novo viario que se está a construír, especialmente no cruzamento coa estrada do Castelo.

O alcalde comprometeuse a trasladar esta petición ao presidente da Deputación, administración que está a executar a obra, de tal xeito que se poñan pasos de peóns sobreelevados para garantir a seguridade dos numerosos peóns que transitan pola zona, especialmente os nenos que se dirixen andando cara ao colexio San Bieito.