Comeza o acondicionamento da contorna da Casa da Cultura de Lérez

80


Na xornada de hoxe comezou a mellora do vial que une a rúa Leandro del Río Carnota co Camiño da Torre, xunto á Casa da Cultura de Lérez. A concelleira delegada da parroquia de Lérez, Pilar Comesaña atendeu esta petición veciñal para acondicionar a contorna da Casa da Cultura, dado que estaba en moi mal estado.

Este pequeno proxecto executarase ao longo desta semana, e está previsto que remante antes do sábado, 11 de febreiro, data de inauguración da Casa da Cultura.