O tramo central das Correntes, este xoves

55

A ponte das Correntes levantará o seu tramo central este xoves, 9 de febreiro. O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera anunciou hoxe que se tratará dunha complicada operación que suporá levar ata a ría ese tramo central, levantalo con gatos e colocalo ao nivel dos outros tramos xa instalados.

Aínda que os traballos prolongaranse durante todo o día, será a partir das 16.00 horas cando comezará a ser máis visible.

Para este acto estará convidado o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández "dado que a Xunta cofinancia esta obra xunto ao Concello". César Mosquera lembrou que a obra de construción da ponte das Correntes ten un orzamento de 7.160.000 euros dos cales a Xunta achega 3 millóns e o resto o Concello de Pontevedra.