A Dirección Xeral de Patrimonio incoa o expediente de BIC de Santa Clara

80

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará participou esta tarde na Comisión Territorial de Patrimonio Historico da Xunta de Galicia na que se acordou incoar o expediente de declaración de Ben de Interese Cultura (BIC) do conxunto histórico-artístico de Santa Clara e de todo o seu ámbito de protección.

Luís Bará confirma que dende hoxe se inicia todo un procedemento administrativo que se tramitará na Dirección Xeral de Patrimonio dende Santiago, para acadar esa declaración na que o Concello negociará con Patrimonio da Xunta o ámbito de protección, que se ampliou ao respecto da proposta presentada polo Concello.