Aberto o prazo para presentar as creacións para o Certame de Erotismo Noites Abertas 2012

32

Noites Abertas xa colgou na súa páxina web as bases do segundo Certame de Erotismo Noites Abertas para todos aqueles mozos e mozas que desexen presentarse a este certame. 

O tema desta edición é “O erotismo” que se poderá desenvolver en distintas representacións artísticas nunha modalidade única (pintura, escultura, debuxo, cómic, poesía, fotografía, conto…). Poden participar mozos e mozas entre 18 e 30 anos que deberán presentar as súas propostas ata o 13 de abril de 2012 (este día incluído) na oficina de Xuventude do Concello na Casa Azul.

Os premios que se entregarán o 4 de maio nun acto celebrado no Local de música, serán dous premios consistentes en dous bonos de Spa para dúas persoas con estancia en hotel en réxime de media pensión durante unha fin de semana.


Información: Coordinación de Noites Abertas – Oficina de Xuventude – Concello de Pontevedra
r/ Sor Lucía, 2, 3º, 36002 Pontevedra
tel. 986 840367    e-mail: xuventude@pontevedra.eu
www.xuventude.pontevedra.eu            www.noitesabertas.com    e tamén Facebook.

Ver documento PDF