MÚSICAS ABERTAS: ‘Anni B. Sweet’ en concerto no Pazo da Cultura

14

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n)

Horario: 21:00 horas

Entradas: Á venda en servinova.com a un prezo de 10 euros máis gastos en anticipada e 14 euros na billeteira do Pazo da Cultura.

Anni B Sweet é unha cantautora de folk-pop malagueña de 23 anos. Para moita prensa especializada é xa por méritos propios a revelación musical do momento. Dende o lanzamento do seu primeiro disco “Start, Restart, Undo” a sua carreira non deixou de medrar rápidamente, conseguindo ser a artista máis nova nominada e finalista nos Premios da música.

Os lectores do País a escolleron tamén como artista revelación do ano. Anni é tamén coñecida fora de España logo de que a súa discográfica Sony lanzase o seu disco en Alemania, Francia, Bélxica entre outros paises, realizando varias xiras internacionais con grande éxito. No 2012 Anni publicará o seu novo e agardado disco, que verá a luz en abril.

Anni comezará a xira de presentación no importante festival SOS 4.8 de Murcia como cabeza de cartel, xunto con outras importantes bandas internacionais. A seguinte parada será xa en Pontevedra.