As Madamas e Galáns de Cobres pasearanse mañá polas rúas e prazas da cidade

47

O entroido de Pontevedra continúa esta fin de semana coa presentación dos Entroidos tradicionais de Galiza, un clásico dentro da programación do carnaval máis urbano. Nesta fin de semana pasearán a súas cores e beleza as Madamas e Galáns de Cobres.

Mañá sábado, 11 de febreiro, as principais rúas do ensanche e do centro histórico acollerán o pasarrúas das Madamas e galáns. Será a partir das 12.00 horas.

Segundo recolle a páxina web do Concello de Vilaboa: “O tradicional “Antroido Dos Cobres”, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración. Esta herdanza cultural pasada de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha celebración colectiva sorprendente e particular, tal e como é o de “Cobres”.