O Local de Música achega as súas creacións á cidade o vindeiro 3 de marzo

41

A actividade do Local de Música de Pontevedra entrará de cheo na sociedade pontevedresa o vindeiro 3 de marzo cando se celebrará o Local de Música Fest, un programa que ten por obxectivo visibilizar na cidade os resultados e avances da aposta pola creación musical de base que o Concello de Pontevedra pretende desde o proxecto do Local de Música. Esta proposta foi presentada esta mañá polo concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez e polo xerente do Local de Música, Diego Pajaró.

O Local de Música Fest terá dúas partes diferenciadas: o primeiro encontro de Locais de ensaio municipais, pensado para un público máis técnico, e o primeiro concurso do Local de Música, que se celebrará no Teatro Principal, e pensado para o público en xeral.

O primeiro encontro de locais de ensaio municipais parte do interese que día a día van amosando outros concellos na xestión e dinamización do Local de Música de Pontevedra, como fonte para os seus propios proxectos.

Este encontro pretende desenvolver un espazo de debate entre técnicos, persoal político e axentes da industria cultural para analizar as posibilidades e valores que pode aportar un equipamento municipal destas características. A xornada proponse como unha reflexión guiada, orientada á construción grupal de posibles solucións e utilidades para as realidades de cada local de ensaio.

O programa desta xornada que se desenvolverá no Local de Música, será a seguinte:

• 11.30 horas. Inauguración da xornada.
• 12.00 horas. Ponencia: O local de música de Pontevedra, un novo modelo de contro sociocultural: Diego Pajaró, director do Local de Música e xerente de Xeneme proxectos sociais
• 13.00 horas. Debate: Que papel debería xorgar un local de ensaio municipal en relación á comunidade local e á industria cultural
• 14.00 horas. Xantar
• 16.00 horas. Grupo de traballo: análise de situación e problemas dos locais de ensaio municipais
• 17.00 horas. Conclusións
• 17.30 horas. Fin da xornada

Inscrición: ata o 28 de febreiro. Solicitude de inscrición e criterios de selección na web  do local localdemusica.blogspot.com


Primeiro Concurso do Local de Música

Ese mesmo 3 de marzo, o Local de Música achegará as súas creacións e o seu traballo á cidadanía pontevedresa. Será a través do primeiro Concurso do Local de Música que se desenvolverá no Teatro Principal entre as 18.00 e as 22.00 horas.

Dentro do Local de Música Fest deseñouse o concurso de grupos ou solistas para visibilizar a escena local de Pontevedra, tanto de grupos emerxentes coma de grupos noveis. Este concurso busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun edificio emblemático da cidade como é o Teatro Principal. Deste xeito poderase presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente da cidade nun espazo emblemático e representativo; ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística; ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie a súa estratexia promocional.

Oito grupos previamente seleccionados por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo. O público asistente votará e concederá o premio. O premio consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual de Pontevedra (produccionesmutantes.es)

O festival pecharase cunha actuación do grupo convidado 1000demonios, unha Big Band nacidade no propio local de ensaio.

Horarios:
• Probas de son: 12 a 16 horas
• Certame: 18 a 22 horas.

Inscrición:
Ate 25 de febrerio. Bases e formulario de inscrición na web localdemusica.blogspot.com

Vídeo promocional

Durante o concurso amosarase ao público asistente o vídeo que Producciones Mutantes está a facer sobre o Local de Música de Pontevedra. Este vídeo inclúese dentro das acciones de comunicación e marketing do Local e está pensado para a promoción 2.0.

Este sábado, 11 de febreiro, pola tarde, en agradecemento á cidade, o Local de Música organiza unha serie de concertos como un particular agasallo para a xente de Pontevedra.
Os concertos apenas se anunciaron con anterioridade e así, a pé de rúa, algunhas das novas promesas sorprenderán a un improvisado público cos seus variados sons nalgunhas das máis emblemátcias prazas da cidade.

As bandas que participarán son Nigerstella, Pi graos, All less one, cunha variedade de estilos tales como o metal máis contundente, pasando polos son máis dark ate o jazz fusión.

Gravación:

• Nigerstella 17.00 horas. Peregrina
• All less one 18.00 horas. Ferrería
• Pi Graos 19.00 horas. Verdura