O alcalde recibe ao novo presidente da Cámara de Comercio, Antonio Gómez Rivera

57

O novo presidente da Cámara de Comercio, Antonio Gómez Rivera presentouse oficialmente ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita institucional que realizou ao Concello de Pontevedra. Fernández Lores continuou comprometendo a colaboración do Concello coa Cámara de Comercio, tanto en temas de coordinación como en eventos territoriais ou no viveiro de empresas "unha vez que a Cámara analice a situación e queira facer actividades, sempre poderá contar co apoio do Concello". Lembrou o alcalde que "toda man que se lle poida votar ao sector empresariai é pouca e fundamental para crear emprego".

O alcalde desexoulle "moito éxito" nesta nova andaina da súa vida profesional e calificou a Gómez Rivera de "vello coñecido desta casa e persoa competente, seria e rigurosa".