O Concello recibe ao delegado do Goberno, Samuel Juárez

66

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a visita a visita do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez e mantivo unha reunión co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e os portavoces dos grupos municipais: Telmo Martín, Raimundo González e Antón Louro.

Logo da breve reunión, explicou que se trataba dunha visita protocolaria, de feito o alcalde convidouno a ter unha visita institucional e de traballo no Concello para abordar cuestións e proxectos que o Goberno estea a desenvolver ou prevea desenvolver no municipio.