Xurxo Souto, pregoeiro do entroido

57

Xurxo Souto será o pregoeiro do entroido de Pontevedra que arranca este venres. O polifacético músico achegouse ata a cidade de Pontevedra para participar nunha rolda de prensa xunto á concelleira de Festas, Carme da Silva que o calificou de amante da cultura, da tradición, da festa… e do entroido de Pontevedra.

Aínda que non quixo desvelar o seu pregón, si adiantou co aire irreverente propio do entroido, algunhas ideas: convidou a Angela Merkel a que veña a Pontevedra coma unha laconada e cambie ese fuciño revirado. Aseguro que Pontevedra é o epicentro do entroido, e alavou a recuperación da figura do pirata Benito Soto e o seu Burla Negra, para o martes de entroio.