A Concellaría de Mobilidade propón peonalizar o acceso ao Hospital Provincial

51

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará presentou esta semana unha proposta de circulación na rúa Loureiro Crespo nos seus dous tramos: na zona do Hospital e da rotonda de Eiriña cara a avenida de Lugo, incluída dentro do Plan de Mobilidade do Concello.

No primeiro caso, a proposta da Concellaría é gañar un espazo público diante do Hospital, a modo de praza pública, que teña tráfico moi restrinxido limitado ás urxencias sanitarias e tamén aos servizos. Reubicando, tal vez, a situación da parada de taxis na rúa, e eliminando o actual carril bici que non sería necesario ao instalar unha plataforma única a modo de praza.

Segundo o concelleiro, os primeiros contactos con veciños da zona parecen satisfactorios, dado que esta zona do Hospital carece de garaxes e está pensada como tráfico de paso (agás as urxencias e os servizos). O primeiro tramo desta rúa, entre a rotonda da Eiriña e o Hospital quedería de dobre dirección puidendo saír por Casimiro Gómez ou por Antón Fraguas.

Esta solución adoptaríase seguindo o ritmo da reforma urbana que está prevista nesta zona da cidade.

No segundo tramo de Loureiro Crespo, entre a rotonda da Eiriñia e  a avenida de Lugo, a proposta é de saída da cidade, seguindo as recomendacións técnicas da Policía Local, mantendo unha dobre dirección entre a avenida de Lugo e a rúa San amaro.

O concelleiro de Mobilidade defende a mesma visión que a Policía Local que considera que a rúa Loureiro Crespo xa non é unha estrada do Estado, senón unha rúa de cidade, e como tal ten que ter un tratamento de calidade e stándares similares a outros barrios da cidade. As vías de penetración polo este da cidade deben ser outras, como Valdecorvos.