Demetrio Gómez informa aos veciños de Salcedo da mellora da estrada entre a Brilat e Castiñeiras

77

O concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez asiste esta tarde, a partir das 20.30 horas na Escola de Cabanas, a unha asamblea veciñal para presentar o proxecto municipal de reparación da estrada de acceso ao Campo da Porta, que une a subida ao Cuartel da Brilat coa estrada cara ao lago de Castiñeiras, a través da parroquia de Salcedo. É un proxecto de case 90.000 euros.

As obras consistirán no reasfaltado, tratamento de cunetas, limpeza e rozas das marxes, instalación de sinalización horizontal e vertical, entre outras labores. Dado que se trata dun tramo de máis dun kilómetro, os traballos teñen un prazo de execución de dous meses.

Esta obra está incluída dentro do Plan estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural elaborado pola Consellería de Medio Rural para os anos 2010/2011 e ao que se acolleu o Concello de Pontevedra. A subvención foille concedida hai escasas semanas, e o Concello optou pola mellora da estrada do Campo da Porta dado que se trata dun viario rural con moito tráfico porque está sendo empregado polos conductores para unir Pontevedra co tramo aberta da circunvalación de Marín, especialmente no verán.

Neste Plan estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, os concellos teñen a obriga de redactar os proxecto cos traballos a executar (axustándose á subvención) e pór a disposición os terreos, mentras que as obras serían executadas pola propia Consellería.