Xa está activada Redeaxuda!

44

A Redeaxuda de Pontevedra é unha iniciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas. Esta iniciativa está impulsada pola Concellaría de Benestar Social Municipal a partir de diversas xuntanzas nas que participaron as entidades asociativas adicadas a esta actividade e unha vez detectadas as posibles melloras que poderían facer máis eficiente o seu traballo social.
Esta iniciativa se materializa de dúas formas:
Creando a propia rede, interconectando ás entidades, creando fichas identificativas sobre as funcións de cada unha, obxectivos, situación, contacto…
A través dunha xanela electrónica para favorecer a interación coa cidadanía e os medios de comunicación www.pontevedra.eu/redeaxuda www.redeaxuda.com
A web recolle as informacións esenciais das entidades da Rede de cara á cidadanía
O máis interesante para axudar ao interés e xestión das entidades é unha taboa de necesidades, que as propias entidades irán actualizando e que a cidadanía pode consultar para aportarlles as axudas que precisen
Ten un sistema de alertas urxentes para situacións de emerxencia
Inclúe un apartado especial para o voluntariado, coas necesidades de cada entidade sobre os perfís persoais que necesitan.
Estará conectada coas principais redes sociais
A web inclúe tamén unha intranet de conexión entre as entidades, que irá desenvolvéndose segundo se vexan as necesidades que se presentan.
A Concellaría convida aos medios de comunicación locais a consultar periodicamente a táboa de necesidades da web para difundir con máis profusión as necesidades das entidades, facilitando así os comportamentos solidarios da cidadanía.