Pontevedra autoriza conectar Mogor á rede de abastecemento de auga potable

91

O Concello de Pontevedra autorizou esta semana ao Concello de Marín a conexión de Mogor á rede municipal de agua potable de Pontevedra. Esta autorización está condicionada a que se faga á altura da estrada xeral (xunto ao lavadoiro de Mogor) poñendo un equipo de medida ao lado e remitindo toda a documentación que sexa precisa.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo trátase dunha autorización de toma para auga doméstica.