Lérez acolle a VI edición da Festa da Ourella

123

A parroquia de Lérez acolle este domingo, 4 de marzo, a VI Festa da Ourella organizada pola Asociación de veciños de Lérez e que conta coa colaboración da Concellaría de Festas e da Asociación de Hostalerios. A concelleira Carme da Silva e o presidente da Asociación de veciños, Valentín Carballa presentaron esta mañá esta edición que se celebrará no adro da igrexa de Lérez.

Os actos comezarán ás 12.00 horas coa apertura do stand de venda de orella salgada. Será a un prezo de 5 euros a cazuela xunto ao pan e o viño. Tamén se ofrecerá churrasco e pulpo.

Ás 13.00 horas haberá unha sesión vermut amenizada polos Alegres de Pontevedra.

A Festa da Ourella tamén organiza un Concurso de ourellas doces que terá tres premios:

  1. 60 euros  + trofeo de Sargadelos
  2. 40 euros +  trofeo de Sargadelos
  3. 20 euros + trofeo de Sargadelos

Para os máis cativos haberá inchables e un touro mecánico, de balde.