O Concello aproba a cesión da escola de Monte Porreiro á Xunta

53

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adscrición da Escola Infantil de Monte Porreiro ao Consorcio Galego do Benestar logo da sinatura da acta de cesión de uso do edificio (só para uso escolar) por parte da concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces. A concelleira explicou que durante a pasada recolleuse toda a documentación requerida polo Consorcio para a cesión do edificio e hoxe mesmo saía cara a Xunta, para que esta acta fose asinada polo xerente do Consorcio que declinou achegarse a Pontevedra a asinala ou quen el delegase.

Por outra banda, Carmen Fouces tamén explicou que o pasado vernes fíxose unha inspección á Escola por parte da Inspección de traballo e saúde que deu o visto bo á escola é expensas de cambiar 20 bombillas, poñer un extintor na cociña, un estractor nun cuarto de baño e retirar un mostrador.

Lembrou que dende o principio o Consorcio non quería facerse cargo da escola infantil de Monte Porreiro, como así o amosan os feitos: non querían metela na rede da Gaiña azul; logo atopáronlle problemas ao convenio; logo fixeron peticións absurdas pensando que con esta inxustiza que lle fixeron a Pontevedra iamos dicir que non, pero aínda que as denunciamos públicamente non tiñamos máis remedio que facelo se queríamos abrir a escola, e iso si que o temos claro", replicou Carmen Fouces.

"Esta é a penúltima batalla porque a última será atopar ao xerente do Consorcio para que asine a recepción do edificio. E mañá pasarémoslle a certificación de que todo está feito para ver con que nova nos deleita agora", explicaba Carmen Fouces, quen retou "a calquera técnico da Xunta de Galicia a que veña a vela e que diga que esa escola non se pode abrir".

Carmen Fouces asegurou que o Consorcio non recibe a escola "porque non lle dá a gana, e dende o meu punto de vista está a facer o ridículo, porque non se pode por a todos os veciños de Monte Porreiro e de Pontevedra en pé de guerra por vinte bombillas".

A concelleira está convencida de que a Escola abrirase con alumnos do vindeiro día 1 de marzo, como estaba previsto "e si se retrasa é por decisión da Xunta".  Non obstante quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade a os veciños de Monte Porreiro asegurando que a escola si se poderá abrir o vindeiro xoves.