Pontevedra dispón de tesourería para o pago de proveedores e non precisa recurrir a liña de crédito habilitada polo Goberno

80

O Concello de Pontevedra non se ve afectado polo novo Real Decreto aprobado polo Goberno do Estado para apurar o pago de proveedores. O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González asegurou esta mañá que o Concello de Pontevedra non deberá recurrir á liña de crédito aprobada esta fin de semana polo Goberno do Estado dado que dispón de tesourería e está ao corrente de pago dos proveedores.

De feito, nas premisas que impón o Decreto para poder acollerse a este plan atópase un plan de control do gasto que xa foi aprobado no mes de xullo polo Concello de Pontevedra, ou a reducción de gasto de persoal que tamén está cumprido coa eliminación da práctica maioría dos directores xerais… entre outras medidas.

Explicou que os servizos económicos do Concello están a estudar detidamente o Real Decreto para saber cales son as facturas que deben remitir a Madrid, dado que o Decreto si que obriga a todos os concellos (se acollan ou non á liña de crédito) a enviar un listado de facturas ata 31 de decembro a Madrid.