Máis de 100 inscritos no Curso de formación de especialistas en toponimia

87

Desde este venres día 2 ata o sábado 24 de marzo, 110 persoas participarán no primeiro curso de formación de especialistas en toponimia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e os concellos de Ourense, Vigo e Pontevedra (a través das concellarías de Normalización Lingüística) e coa  Universidade de Vigo como entidade colaboradora.

O curso desenvolverase en diferentes localizacións durante as 35 horas de duración; está dividido en sesións teóricas e unha saída de campo a cargo de Xose Lois Vilar como peche. Despois do curso, as persoas asistentes poderán realizar recollida práctica de topomnimia en diferentes concellos; as prácticas estarás supervisadas polos especialistas Gonzalo Navaza e Xosé Lois Vilar.

A primeira  sesión empezará ás 17 horas, no Verbum en Vigo e contará coa presenza do concelleiro de Normalización de Pontevedra, Demetrio Gómez. A conferencia inaugural estará a cargo de Gonzalo Navaza, co título Que é a toponimia.  Ana Isabel Boullón pechará a tarde falando sobre Toponimia e antropoloxía. Ambos os dous son membros da Asociación Galega de Onomástica, membros da Comisión de Toponimia e  acaban de ser elixidos novos membros da Real Academia Galega.

O curso continuará o sábado 3 de marzo, na mesma localización, coas intervencións de Vicente Feixoo sobre A metodoloxía de recollida en toponimia e A problemática do traballo de campo, e Roberto Rodríguez, coa conferencia titulada A recollida de toponimia: o concello de Oia.

Ver documento PDF