O Consorcio xa ten a Escola de Monte Porreiro

85

O Concello de Pontevedra entregou hoxe as chaves ao Consorcio Galego do Benestar, logo de que un representante do xerente se presentase pola tarde na Escola Infantil de Monte Porreiro para recollelas. Foi a propia concelleira de Benestar, Carmen Fouces quen entregou as chaves, e dende ese momento o Concello cede o uso deste edificio (só para uso escolar) ao Consorcio para que poida abrir as aulas a partir do xoves, 1 de marzo.

Pola mañá, fixéronse as peticións da Inspección de Traballo e de Sanidade (a substitución das luminarias, a instalación dun extractor nun cuarto de baño, a retirada dun moble e a colocación dun extintor na cociña). Estas peticións están feitas e así se lle fixo saber ao Consorcio ao través de fotografías.