A Mesa da Bici debate esta tarde as propostas de promoción para esta primavera

55

A Mesa da Bicicleta reúnese esta tarde, a partir das 20.00 horas, na Sala de Comisións do Concello, presidida polo concelleiro de Mobilidade, Luís Bará. Seguindo as convocatorias anteriores durante a reunión abordaranse diferentes temas como a sinalización de sendas cicables e a mellora da mobilidade no ámbito do río Lérez.

Tamén se propondrán diversas propostas de promoción da bicicleta como celebrar a tradicional pedalada da primavera o vindeiro 22 de abril con saída e chegada a Montero Ríos, e unhas xornadas para a promoción da bicicleta. Neste caso se baralla celebrar unhas conferencias e mesas redondas coa participación de distintos sectores, un obradoiro de reparación e posta a punto de bicicletas, un curso de aprendizaxe para andar en bici, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social Municipal. Tamén se plantexa celebrar un curso de condución segura e saídas en bicicletas os domingos, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente.

Outro dos puntos da orde do día será o debate de propostas de cara ao outono de 2012.