Xuventude interconecta o BIM e o facebook

89

A Concellaría de Xuventude acaba de optimizar o uso do facebook da concellaría incorporando un conector no BIM (Boletín de Información da Mocidade). Trátase dunha novidade técnica que permite que calquera actividade ou incorporación que se suba ao BIM, actualízase ao tempo no facebook da Concellaría de Xuventude.

Con este tipo de novidades, Xuventude fai unha aposta decidida polas novas tecnoloxías facilitando a navegación e as utilidades para todos os usuarios do BIM e do facebook da Concellaría.